O Traballo de Fin de Máster permite ao estudantado investigar e innovar no ensino de áreas curriculares específicas
O Traballo de Fin de Máster é unha materia obrigatoria do plan de estudos, de 9 créditos ECTS. Supón a realización por parte do estudantado dun proxecto, memoria ou estudo que terá que ser individual, innovador, persoal e orixinal, que supoña unha iniciación á investigación dentro dunha das áreas de Didácticas Específicas do máster, ou de varias, se se optase por lle dar un carácter interdisciplinar.
Deberá estar orientado á aplicación das competencias asociadas á titulación e á adquisición das competencias relacionadas coa aprendizaxe autónoma, coa dirección dun/dunha docente.
Para a elaboración do TFM terase en conta o realizado durante o Practicum que será considerado, dentro do posible, como o traballo de campo deste TFM.
Constará dun documento escrito que terá que seguir as pautas que se sinalen e as indicacións da dirección, realizadas na atención personalizada ou titorías.
O alumnado terá que expoñer e defender o TFM publicamente perante un tribunal de avaliación nomeado pola coordinación do máster.
Traballo Fin de Máster – curso 2020/2021
Oferta de prazas e liñas do TFM
Guía para a elaboración do TFM
Normativas da facultade
Calendario de defensa do TFM 2020/2021
CONVOCATORIA | INFORME IDONEIDADE SOLICITUDE DEFENSA |
DEFENSA** |
---|---|---|
1º cuadrimestre | 26/01/2021 – 02/02/2021 | 22/02/2021 |
2º cuadrimestre |
08/06/2020 – 14/06/2021 | 24/06/2021 |
Xuño – Xullo | 06/07/2021 – 12/07/2021 | 23/07/2021 |
* Entrega virtual | ** no Salón de Graos da FCCED