O Plan de Acción Titorial da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte configúrase como o instrumento a través do cal se deseña o contido e a execución das distintas accións relativas á titoría universitaria
Supón apostar por un modelo educativo no que conflúen xunto coa académica funcións socio-educativas, baseadas en relacións recíprocas e interaccións titor/a-alumno/a, alumno/a-alumno/a, etc.
Preténdese ir consolidando unha liña de acción titorial coherente coas necesidades do estudantado, normalizando as distintas accións e acadando un axeitado equilibrio entre as expectativas do estudantado e os obxectivos que se expoñen no marco do Espazo Europeo de Educación Superior.