lab artes

Dispoñibilidade e adecuación dos recursos materiais e servizos

O máster estará adscrito á Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte (en Pontevedra), polo que a súa xestión académica e económica entra dentro das funcións comúns realizadas polo persoal de administración e servizos adscrito a elas.

O Máster universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria funcionará co orzamento común recibido das tres Universidades galegas, en concreto, cos créditos comúns das tres facultades que terán a responsabilidade do título.

 

Instalacións

  • Salas de Laboratorio. Espazo dotado de medios tecnolóxicos específicos e medios docentes. Adoita ter postos de traballo individuais. Uso habitual: Desenvolvemento de prácticas, traballos, exercicios ou proxectos de carácter teórico-práctico con uso de tecnoloxía específica. Presentación de resultados por parte dos estudantes. Clases teóricas e prácticas. Titorías en grupo. Exames e probas prácticos. Utilízase con presenza de persoal docente en clases teórico-prácticas e prácticas, ou en traballo autónomo do estudantado. Teñen unha capacidade de 20 a 25 persoas.

  • Aulas específicas Entre elas están espazos deportivos dotados de medios materiais específicos e medios docentes necesarios para o desenvolvemento de prácticas, traballos, exercicios ou proxectos de carácter teórico-práctico con uso de material específico. Presentación de resultados por parte do estudantado. Clases teóricas e prácticas. Titorías en grupo. Exames e probas prácticas. Utilízase con presenza de persoal docente en clases teórico-prácticas e prácticas, ou en traballo autónomo dos estudantes. Tamén encontráse unha aula de música dotada dunhas determinadas características acústicas, co fin de illar as sons. Dotada de diferente tipo de instrumentos de corda, de vento, de percusión para o desenvolvemento das diferentes materias vinculadas á música e dúas salas de videoconferencia.

  • Aulas teóricas Aulas de pequena, mediana e gran capacidade dende 40 ata 110 persoas. Realízanse clases maxistrais a grupos. Exames e outras probas escritas e orais. Presentacións por parte do estudantado. Conferencias. Proxeccións.

  • Aulas seminario Aulas próximas aos despachos do profesorado. Utilízanse como apoio ao profesorado, xa sexa como despachos para atender individualmente ao estudantado durante as actividades docentes desenvolvidas na aula, para realización de titorías, etc.

  • Salón de graos O Salón de Graos, con capacidade para 135 persoas, utilízase para celebrar actos académicos e protocolarios, conferencias,…

  • Biblioteca Aberta de lúns a venres de 8:30h a 21:00h. Conta con sala de lectura, dúas cabinas audiovisuais, seis ordenadores de información e rede wifi.

Ademais dos expostos, a Universidade de Vigo conta con outras oficinas e servizos centralizados que resultan de interese e utilidade para os efectos da impartición do programa do título, entre os que cabe destacar os seguintes:

Así mesmo, tamén habemos de deixar constancia dos servizos técnicos de mantemento e reparación dos recursos materiais e informáticos cos que conta a Universidade de Vigo, dependentes do Vicerreitoría de Economía e Planificación: