Inicio

Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria

Este máster está directamente dirixido ao profesorado de educación infantil e primaria, así como a profesionais vinculados á educación que esten interesados en recibir unha formación especializada na innovación no ensino de áreas curriculares específicas, contemplando o seu carácter interdisciplinar.

O máster ademais atende á formación AICLE (Aprendizaxe Integrada de Contidos en Lingua Estranxeira) e permite a iniciación na investigación nas áreas citadas, abrindo as portas á realización de investigacións posteriores (Teses de doutoramento).

O máster é interuniversitario e impártese nas universidades de Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela con diferente oferta de materias optativas. Esta páxina web describe a oferta da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra (Universidade de Vigo).