Curso académico 2024/2025
En promedio hai dúas tardes de clase semanais. Están repartidas entre mércores, xoves e venres. No segundo cuadrimestre tamén hai algunhas clases de materias optativas en luns.
As materias do primeiro cuadrimestre son obrigatorias, e as do segundo optativas (excepto Prácticum e TFM, que son obrigatorias).
O horario de clase será:
- Materias de 4.5 ECTS: das 16.00 h ás 20.30 h.
- Materias de 3 ECTS: das 16.00 h ás 21.00 h.
As clases terán lugar na Aula 10 da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte. Algunhas materias empregan ademais outros espazos que se indican no horario.