O Traballo de Fin de Máster permite ao estudantado investigar e innovar no ensino de áreas curriculares específicas

O Traballo de Fin de Máster é unha materia obrigatoria do plan de estudos, de 9 créditos ECTS. Supón a realización por parte do estudantado dun proxecto, memoria ou estudo que terá que ser individual, innovador, persoal e orixinal, que supoña unha iniciación á investigación dentro dunha das áreas de Didácticas Específicas do mestrado, ou de varias, se se optase por lle dar un carácter interdisciplinar.

Deberá estar orientado á aplicación das competencias asociadas á titulación e á adquisición das competencias relacionadas coa aprendizaxe autónoma, coa dirección dun/dunha docente.

Para a elaboración do TFM terase en conta o realizado durante o Practicum que será considerado, dentro do posible, como o traballo de campo deste TFM.

Constará dun documento escrito que terá que seguir as pautas que se sinalen e as indicacións da dirección, realizadas na atención personalizada ou titorías.

O alumnado terá que expoñer e defender o TFM publicamente perante un tribunal de avaliación nomeado pola coordinación do máster.

 

Traballo Fin de Máster – curso 2024/2025

Guía para a elaboración do TFM
Normativas da facultade
Oferta de TFM

 

Coordinación do TFM

Uxío Pérez Rodríguez