Procedemento de preinscrición

As e os aspirantes deberán cubrir a preinscrición vía telemática nos prazos establecidos no calendario.

Unha vez finalizado o primeiro prazo de matrícula, se quedaren prazas vacantes, abrirase un segundo prazo de matrícula que se rexerá polos mesmos principios e condicións que o primeiro prazo. Con carácter extraordinario, as Comisións Académicas de cada máster poderán solicitar un terceiro prazo, en función da valoración do número de prazas xa adxudicadas para cada cota, nos dous prazos ordinarios anteriores.

O alumnado poderá preinscribirse nun máximo de 4 másteres da Universidade de Vigo.

 

Criterios de admisión y documentación a entregar

A admisión ao máster virá definida por:

  • O grao de afinidade da titulación de acceso aos estudos de máster. Son titulacións prioritarias os graos en Educación Infantil e Educación Primaria e as diplomaturas de Maxisterio. Son titulacións non prioritarias os restantes graos e másteres das Facultades de Ciencias da Educación españolas, cuxa afinidade se valorará en cada caso de non cubrirse as prazas.
  • O expediente académico dos estudos que se cursaron con anterioridade.
  • A experiencia profesional e investigadora no ámbito educativo.
  • O grao de coñecemento dos idiomas estranxeiros de impartición.

A documentación acreditativa correspondente deberá enviarse ao enderezo xnposgraopo@uvigo.es ou entregarse presencialmente na Área de Estudos de Máster e Doutoramento na Escola de Enxeñaría Forestal (A Xunqueira, Pontevedra).
O trámite realizarase ao facer a preinscrición.

Non é preciso entregar documentación acreditativa do expediente académico no caso de alumnado que obtivera a súa titulación na Universidade de Vigo.

 

Procedemento de preinscrición

As persoas que xa estudaron na UVigo deben facer a preinscrición desde a Secretaría Virtual.
En caso contrario, realízase desde o apartado de Automatrícula.