CB1
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.

CB2
Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.

CB3
Que o estudantado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.

CB4
Que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.

CB5
Que o estudantado posúa as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.

CG1
Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.

CG2
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.

CG3
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

CG4
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

CG5
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.

CG6
Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

CG7
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

CG8
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

CE1
Coñecer as bases teóricas do traballo interdisciplinar e identificar os seus centros de interese en contextos escolares e non escolares.

CE2
Identificar e analizar de maneira crítica propostas interdisciplinares no ámbito educativo.

CE3
Deseñar, xustificar, organizar e avaliar de forma sistemática propostas interdisciplinares en distintos contextos educativos.

CE4
Desenvolver a competencia lingüística en lingua estranxeira orientada cara á docencia nas áreas específicas.

CE5
Adquirir unha formación metodolóxica para realizar investigacións educativas.

CE6
Establecer os descriptores xerais que caracterizan unha investigación: seleccionar, elaborar, tratar e interpretar os datos, e presentar os resultados de acordo cos propósitos da investigación.

CE7
Capacidade de aplicar coñecementos teóricos relativos ás Didácticas Específicas, tanto á investigación como á innovación e a avaliación.

CE8
Ser capaz de defender e argumentar de forma oral e escrita o traballo de investigación e/ou innovación realizado, utilizando no seu caso recursos audiovisuais de apoio.

CE9
Ensaiar e avaliar formulacións de ensino disciplinares ou interdisciplinares en contextos educativos reais, e promover propostas de mellora en relación cos resultados obtidos.

CE10
Coñecer os fundamentos teóricos que sustentan a investigación e innovación no ámbito das Didácticas Específicas.

CE11
Coñecer, comprender e empregar linguaxe científica e aplicala correctamente nas distintas formas de expresión e comunicación.

CE12
Identificar as principais liñas de investigación e innovación e a súa evolución nas Didácticas Específicas.

CE13
Analizar e valorar críticamente investigacións e proxectos de innovación en ámbitos disciplinares específicos.

CE14
Coñecer diferentes tipos de metodoloxía que se empregan na investigación educativa considerando a súa pertinencia para a resolución de problemas concretos.

CE15
Identificar criterios de calidade e control tanto na investigación como na práctica docente, fomentando o espírito crítico, reflexivo e innovador.

CE16
Deseñar, xustificar, organizar e avaliar propostas para a investigación e a innovación no ámbito das Didácticas Específicas.

CE17
Seleccionar, adaptar e aplicar materiais e recursos TIC e doutra índole, para mellorar o ensino e aprendizaxe dos diferentes ámbitos disciplinares.

CE18
Recoñecer a investigación e a innovación aplicada ás ciencias da educación como ferramenta continua de innovación e mellora educativa e social.

CT1
Capacidade de análise e síntese.

CT2
Capacidade de adaptación a situacións novas.

CT3
Traballar de forma autónoma e con iniciativa.

CT4
Traballar de forma colaborativa.

CT5
Capacidade de organización e planificación en ámbitos educativos disciplinares e interdisciplinares.

CT6
Capacidade de innovar (creatividade) dentro de contextos educativos escolares e non escolares.

CT7
Comportarse con ética e responsabilidade social e ambiental como docente e/ou investigador.

CT8
Ser capaz de comunicarse cos seus compañeiros, coa comunidade educativa e coa sociedade en xeral no ámbito das súas áreas de coñecemento.

CT9
Incorporar as TIC no proceso de investigación e a xestión da información, a análise de datos e a difusión e comunicación de resultados.

CT10
Ter capacidade para actualizar os coñecementos, metodoloxías e estratexias na práctica docente.

CT11
Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.

CT12
Capacidade para comunicarse por oral e por escrito en lingua galega.

CT13
Sustentabilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.